17 mayo 2008

letras de terra, terra de letras

Primeiro Portomarín,
logo Castrelo do Miño.
¡Dispois tocoulle As Encrobas
sufrir parello destiño!
(...)
Hai pouco foi nas Encrobas,
ás portas de Xove están,
Si a algún lugar non chegaron
axiña apareceran.

Val de Castrelo do Miño, 1941

Cantiga das Encrobas ( Manuel Maria , cantada por Fuxan os ventos, non dispoñible)

As mellores terras do Ribeiro quedaron asolagadas para sempre, no ano 1969, por un encoro sin pes nin cabeza. Por aqueles días poucas veces o noso país estuvo tan preto dun acontecemento tan conmovedor. O Val de Castrelo de Miño era unha das terras máis fértiles de Galiza. O río Miño quedou cortado para sempre , perdeuse unha paisaxe espectacular e milleiros de persoas quedaron condeaos ó éxodo, á emigración. Sin terras, sin casas, sin a vista do seus ollos, sin o seus mortos . Toda unha vida quedou baixo as augas para facer quilovátios para terras alleas . Hoxe a historia volve a repetirse: gas, pasta de papel, refugallos, canteiras, piscifactotias…

De Galiza Non se Vende, máis no Foro O Ribeiro.

Tamen podes leer Morrer en Castrelo do Miño de Xosé Fernández Ferreiro (1978)

No hay comentarios: