25 mayo 2023

a contemporaneidade é máis complexa coas caixas negras dos monopolios tecnolóxicos

Organizacións, empresas e institucións -as de toda a vida- enfróntanse a disrumpir e avanzar se queren quedar no ecosistema que se está a formar.  

É unha mágoa que a dixitalización chegara nun momento tan disciplinar e compartimentado. Por iso a mirada ainda non alcanza a ser ecosistémica, dende

  • a tecnoloxía - focalizada na conectividade, os nodos de sempre, os retos da inversión no 5G, da automatización, do audio e das intelixencias artificiais
  • a economía neoliberal - resucitando modelos vellos e publicidades, sen fórmulas financieiras, volcada no comercio electrónico, e rematando a concentración capitalista nas plataformas monopolistas,
  • a política - das falsedades e da viralización coas viraxes dos movementos sociais, o tremendo auxe dos populismos co todos seus negacionismos,
  • a comunicación - servindo formas hipermediais de dixitalización sen escoita nin calado na interacción repousada, consciente e crítica.
A estas alturas das sempiternas demandas ecosistémicas queda superado o inter- e o transdisciplinar. Nos carríls de sempre non atopamos solucións diversas. As viciadas formas non encaran a complexidade do ecosistémico en expansión e transformación. 

Claro que é bo que a perspectiva comunicativa complexa do ecosistema dixital lembre as principais aportacións das tradicións disciplinares para destacar a eficiencia das plataformas tecnolóxicas (casi monopolísticas), dos acordos supranacionais sobre valores e de futuro, lembrar o poder e as responsabilidades das institucións politico-culturais que asoballan industrias creativas e grupos mediáticos, os meta proveedores de contidos, as esferas de influenciadores e as masas de perfís activos nas principais aplicacións cuasi-globais. 

A perpectiva pluridisciplinar non gaña categoría de perspectiva complexa sen completar a arquitectura estrutural do ecosistema hipermedial coa dinámica tecno-económico-social que gradúa e avalía as xerarquías de interaccións e participación, seu impacto na difusión, memetización ou transmediación de contidos e mensaxes. As burbullas, polarizacións ou viralidades en xeral que poden investigarse de forma non lineal recoñecendo desaparicións e perigos de extinción ou emerxencias e innovacións das que moi pouco sabemos.

Na dixitalización están a evolucionar tamén os ecosistemas comunicativos previos. 
Por exemplo, as formas de liderado e de comunidades propias das retóricas prehistóricas e rurais expándense ao tempo que disminúe o calado do compromiso grupal nos movementos globais. Os ecosistemas institucionais dos estados-nacións, igrexas e demais dilúen seus discursos ou amplian as interpretacións moito mais alá dos relatos revelados ou fundacionais.
A dixitalización da modernidade e da sociedade de consumo altera a financiación e a publicidade das industrias culturais nun mercado total con mais riscos para o extraordinario, minorizado ou  periférico en xeral. 

Nos albores do seguinte estadío ¿4.0, 5.0, n.0?, quizais de proxectos de metaversos, de novas automatizacións e dixitalizacións nas cousas da vida, as vellas retóricas prehistóricas sufren profundas transformacións nas redes sociais dixitais dirixidas por opcións e algoritmos que marcan nosas preferencias persoais e agrupan  colegas, familias e correlixionarios.

E despois do ruido universal que xera a concentración da atención mundial móvil, co contido omnipresente regalado gratuitamente, fanse os almacéns de datos, a información vendida e as reservas privadas de coñecemento e ciencia ocultos nas caixas negras das macro-plataformas tecnolóxicas monopolísticas. 
Se a sabiduría dixital non sae delas e conecta cos outros coñecementos e co resto do ecosistema social e natural non chegará a ser o sentido profundo colectivo que foron as culturas primixenias, as orixes das cidades e civilizacións ou imperios, os ideais da modernidade e dos futuros alternativos das contraculturas contemporáneas. 
¿Non sería como posuír tesouros maiores cos do alfabetizado e letrado Rei Midas podrecidos nos seus servidores como merda corrupta de macro-plataformas en loita por unha hexemonía que non ten nada de global?

09 mayo 2023

intelixencia artificial: riscos, verdades e mentiras elDiario.es #39


 A revista de primaveira #39 do elDiario.es conta, coma sempre, cunha ducia de bos artigos sobre a cuestión do momento. 

Algúns máis convencionais lembran que un almacén ou gran memoria só ten as cualidades enciclopédicas de quen ordea (ordenador). Que en todo caso permite procesar ou formular solucións naqueles problemas nos que está adestrado (computador). Máis a cousa do algoritmo fóisenos das mans cos grandes modelos de linguaxe que permiten encadear palabras relacionadas con certa coherencia e verosimilitude. De seguir tal ritmo parece que é mera inercia da autoprendizaxe profunda que pronto sexamos operados a corazón aberto por bots e decidamos en base a escenarios virtuais (bélicos por exemplo). 

Hai tempo que chamamos artificial ao forzado, extravagante; ou ben que teña que ser completado por algunha ferramenta ou tecnoloxía. Dende o lume ou a roda a intelixencia é artificial porque usa ritos e aparellos pra construir liderados e agrupar asociacións e comunidades den fai centos de miles de anos na prehistoria ata as culturas rurais contemporáneas. Tamén falamos de natural como do normalizado dende a ética grega e o dereito romano. Forxaron cidades-estado, sociedades locais e cidadanías a través de institucións e técnicas con superestruturas máis complexas cas comunais. En xeral son intelixentes nas culturas clásicas, tamén orientais, os sabios, cun sentido integrador da totalidade axustado a seu tempo e contornas.

No desenvolvemento medieval e moderno dos estados-nación, das igrexas e dos imperios as culturas escritas dos grandes relatos e dos libros sagrados defenderon a intelixencia como saber práctico para a vida prudente dotada de hábitos, costumes e virtudes alentadas pola honra, a dignidade e os fins e valores relixiosos.

A modernidade individualizou a realización e a identidade o longo da ilustración, o idealismo o romanticismo e os nacionalismos estatales. A unificación do canon cultural internacional nos últimos douscentos anos defende unha intelixencia aberta e responsable dende os valores mercantís, liberais, republicanos e democráticos. 

Estes anteriores de sabiduría e vida chea non teñe aínda cabida na artificialidade actual das intelixencias robóticas. Ás máquinas decisoras e seus robots non teñen identidade nin comprenden quén lles fala. Non integran o almacenado ou "aprendido" nun saber. Como simplifican os contextos, perden as diverxencias e as diferencias das faccións e perspectivas debidas a opcións vitais e valores non homoxeneizables. Poden parecen empáticos, cada vez máis, sen sentir nadiña. Ainda semellan cans sen colar, mais teñen dono e defenden os territorios das grandes plataformas tecnolóxicas; sen coidar de valores alleos nin responder ante ningén das desfeitas que poidan derivar delas. 

Imos vivir con elas. Atentos entón pra que non nos vivan como outros queran. Que como tantas veces na prehistorias a o longo dos séculos, os autómatas terminamos sendo nos.