13 abril 2023

o perigoso IKIGAI

En relatos breves, acurtados para o microlector/a actual, Hector "Kirai" García e Francesc Miralles reeditan dende 2016 ikigai, los secretos de Japón para una vida larga y feliz (Ed. Urano, Madrid). Cun índice descendente, dende a sabiduría e mestría dos nonaxenarios e centenarios entrevistados na aldea de Õgimi, preto de Okinawa, ate recomedacións prácticas, nutricionais e vitais ao estilo dun texto de orientación e autoaxuda.

Malia as desfeitas inveteradas da nosa especie na natureza, temos capacidades de innovación e intelixencia coma para aumentar anos ás nosas vidas. Aínda que inmensas contaminacións do planeta medran cada ano tamén gañamos anos á vida (nos primeiros mundos).

O ikigai é o propósito, o sentido persoal da nosa vida. Parte de dentro, como deixar as drogas. Máis non é só un pulo interior, un simple momento existencial. Como a contaminación, que é o resultado do que non facemos ou voluntariamente - con deixamento - imos botando tras de nos. O ikigai non é unha idea, o u un eureka coa solución. Resulta dun proceso; esixe un modo de vida, ou tentalo.

Como calquera filosofía que se gabe, o ikigai, non ten espazo suficiente nas poucas páxinas dunha edición de bolsillo. Contén, alomenos, unha filosofía persoal, coñecementos ambientais e de saúde, unhas pasións sociais e ecolóxicas, unas rutinas cooperativas, prácticas e exercicios saudables diarias... sen precisar seminarios, obradoiros, ximnasios ou coachers.

A filosofía ikigai, non cabe nos diagramas ou esquemas de autoaxudas ikigai-parecidas. Realmente representan un perigo para o modo de (no es -) vida contemporáneo como para a seguridade social e o finanzamento das pensións do futuro.




No hay comentarios: