As ideas coas que pensamos a sociedade e o Estado teñen dous séculos e pouco.
Caroline Böhmer-Schlegel-Schelling e outros xóvenes intelectuais rebeldes xuntáronse na incipiente Universidade de Xena, aproveitando unha maior liberdade de pensamento e de vida no ducado de Saxonia-Weimar nos anos finais do s. XVIII. Co apoio do asesor do duque Goethe chegaron os literatos Schiller e Novalis. Tamén atraeu a Fichte, ao que seguiron os filósofos Schelling, Schleiermacher e Hegel. Os irmaos Schlegel e os von Humboldt como a familia Tieck ou Veit destacaron na pequena cidade do rio Saale dende o verao de 1794 ata a invasión dos estados alemáns por Napoleón no inicio do século XIX.
O que Andrea Wulf con acerto chama Círculo de Jena é o xerme dos romanticismos europeos nunha cooperación intelectual e cultural entre mulleres e homes, nomeados intelectuais, ensaiando liberdades: de opinión, de matrimonio, de xestión cultural, de construcción intelectual. Nas atraintes tertulias burguesas e nas aulas universitarias desenvolvéronse os ideais de liberté, egalité et fraternité que chegaban das recentes revoltas parisinas. Melloradas e aumentadas creceron coa difusión cultural do momento dendo o romanticismo alemán aos que o foron inglés, francés, ruso, italiano, español...
A pesar das crises e da pandemia a impenitente Wulf segue a rebuscar nas cartas e na documentación é como foi boi contadora da invención humboldtiana da natureza tamén é quén de explicar á non ilustrados a invención do eu polos filosofos idealistas xermanos e a construción da gran literatura e as artes do romanticismo.
A rápida difusión da modernidade supón amais un exitoso ensaio das industrias culturais dos libros e revistas nos albores do paradigma mediático da sociedade contemporánea. Sen ista innovación, a nosa normalizada "sociedade" diferente e heteronxénea non o sería. E sen estes iniciais medios de comunicación tampouco teríamos Estado, a pesar da boa definición que Hegel lle dera.
Andrea Wulf. Magnificent Rebels. The first romantics and the invention of Self. Penguin Random House, 2022.
Andrea Wulf. Magníficos rebeldes. Los primeros románticos y la invención del yo. Madrid: Taurus, 2022.
No hay comentarios:
Publicar un comentario