Algúns máis convencionais lembran que un almacén ou gran memoria só ten as cualidades enciclopédicas de quen ordea (ordenador). Que en todo caso permite procesar ou formular solucións naqueles problemas nos que está adestrado (computador). Máis a cousa do algoritmo fóisenos das mans cos grandes modelos de linguaxe que permiten encadear palabras relacionadas con certa coherencia e verosimilitude. De seguir tal ritmo parece que é mera inercia da autoprendizaxe profunda que pronto sexamos operados a corazón aberto por bots e decidamos en base a escenarios virtuais (bélicos por exemplo).
Hai tempo que chamamos artificial ao forzado, extravagante; ou ben que teña que ser completado por algunha ferramenta ou tecnoloxía. Dende o lume ou a roda a intelixencia é artificial porque usa ritos e aparellos pra construir liderados e agrupar asociacións e comunidades den fai centos de miles de anos na prehistoria ata as culturas rurais contemporáneas. Tamén falamos de natural como do normalizado dende a ética grega e o dereito romano. Forxaron cidades-estado, sociedades locais e cidadanías a través de institucións e técnicas con superestruturas máis complexas cas comunais. En xeral son intelixentes nas culturas clásicas, tamén orientais, os sabios, cun sentido integrador da totalidade axustado a seu tempo e contornas.
No desenvolvemento medieval e moderno dos estados-nación, das igrexas e dos imperios as culturas escritas dos grandes relatos e dos libros sagrados defenderon a intelixencia como saber práctico para a vida prudente dotada de hábitos, costumes e virtudes alentadas pola honra, a dignidade e os fins e valores relixiosos.
A modernidade individualizou a realización e a identidade o longo da ilustración, o idealismo o romanticismo e os nacionalismos estatales. A unificación do canon cultural internacional nos últimos douscentos anos defende unha intelixencia aberta e responsable dende os valores mercantís, liberais, republicanos e democráticos.
Estes anteriores de sabiduría e vida chea non teñe aínda cabida na artificialidade actual das intelixencias robóticas. Ás máquinas decisoras e seus robots non teñen identidade nin comprenden quén lles fala. Non integran o almacenado ou "aprendido" nun saber. Como simplifican os contextos, perden as diverxencias e as diferencias das faccións e perspectivas debidas a opcións vitais e valores non homoxeneizables. Poden parecen empáticos, cada vez máis, sen sentir nadiña. Ainda semellan cans sen colar, mais teñen dono e defenden os territorios das grandes plataformas tecnolóxicas; sen coidar de valores alleos nin responder ante ningén das desfeitas que poidan derivar delas.
Imos vivir con elas. Atentos entón pra que non nos vivan como outros queran. Que como tantas veces na prehistorias a o longo dos séculos, os autómatas terminamos sendo nos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario