A comunicación sempre ha colaborado en construcións sociais:
- -a fala dende a prehistoria fai grupos, asociacións ou comunidades,
- -os discursos dirixidos constrúen institucións, como igrexias ou imperios e
- -as industrias culturais congregan as heteroxéneas e masivas sociedades contemporáneas, se queredes de benestar e consumo.
Cando falamos de sociedade adoitamos referirmos á nosa. Inda sen decatarnos que nosos estados-nación veñen dos nosos tataravós no século XIX europeo.
A cultura da aristocracia, como música de cámara e de salóns, convérteuse en concerto sinfónico, gran ópera, biblioteca ou museo para os grandes públicos das capitais do mundo. Faise cultura popular, creando mercados artísticos e necesidades estatais de atender estas emerxentes curiosidades públicas.
Sae do mecenado aristocrático para caer nas reproducións industriais e a divulgación masiva. O pop non foi deseguido popular.
Tra-lo romanticismo a música, a danza, a literatura deixan de ser ocio dos estamentos liberais e convértense en neg-ocio. Sempre que saibas vender a baixo prezo reproducions, partituras, pezas de peto aptas para todos os bolsos e mentes.
Un primitivo marketing de críticos e revistas e xornalistas fai que a xente coñeza a tonadilla, os pasos, a trama da intriga no relato seriado. É chave para un consumo masivo da cultura e a conformación dunha sociedade extensa e diversa. Acompaña á decadencia do romanticismo, nas primeiras décadas do XIX certo desleixo do canon de clásicos das academias e dos salóns aristocráticos.
Os promotores operísticos e teatrais, os críticos e as revistas culturais mantiveron a certa altura a panoplia de títulos e autores que ían dar cartos ás industrais e institucións culturais. Chegou a hora das exposicións universais, dos gran espectáculos operístico ou concertístico, que percorren co ferrocarril as cidades europeas de primeiro nivel. Todo o mundo (Europa) fala deses novos valores. Mercan libretos, partituras, folletines, viñetas... facendo populares as pezas románticas contemporáneas e das vangardas artísticas europeas. Construíndo, en definitiva, as nacións e culturas como as coñecemos hoxe, esas que pensamos que sempre foron así.
As primeiras industrias culturais e creativas conforman o entretemento e estilo de vida nunha incipiente globalización europea das sociedades burguesas; mais aló de fronteiras e moito antes da chegada do cine, da radio e demáis medios de comunicación masiva.
Isto é o que pretende demostrar e explicar Los europeos do historiador Orlando Figes. O recoñecido investigador da cultura rusa nesta obra divulga a economía e política da cultura europea recuperando o título consagrado por Henri James, defendido polo relato de Rafael Azcona e repicado na máis recente película de Victor García León con Raúl Arévalo e Juan Diego Botto.
Figes, como en outras obras súas, salpica de datos e demostracións o relato da primeira internacionalización de Europa dende a cultura comercial que comparte.
A partir de unha pequena intrahistoria dunha familia de orixe andaluz, que deu relumbrantes figuras da ópera na metade do século XIX. Percorre o relato de Sevilla a San Peterburgo, balizando o ensaio nos eventos culturais das grandes cidades europeas. Con detalles da figuras señeiras -artistas e empresarios- da popularización e masificación da cultura compartida, grazas á publicidade e a venda de artigos promocionais e derivados polos primeiros marchantes, editores e xestores culturais de produtos artísticos.
Ao gusto da época ou facendo que a época gustase deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario