Nelas participarán directores de comunicación de empresas e axencias asentadas en Galicia, todos eles membros de DirCom. A delegación galega desta asociación fundouse en setembro de 2009 co obxectivo de desenvolver a profesión para acadar unha maior especialización. Nestes meses reuniuse cos principais medios de Galicia e celebrou varios seminarios que se completan con estas xornadas, a súa terceira visita a unha universidade galega. Neste caso, foron convidados para describir o panorama corporativo, as súas relacións cos medios e o estado actual do perfil profesional en distintos tipos de organizacións. “O concepto da comunicación corporativa mudou moito e é algo moito máis amplo que enviar notas de prensa”, comenta Daniel Martí, ao que engade que “o que está en xogo non é só a profesionalización, senón a imaxe final de Galicia”.
Poñer en contacto o mundo da experiencia cos novos titulados
“Repetir rutinas non é a mellor solución”, sinala o profesor, polo que considera fundamental poñer en contacto o mundo da experiencia cos novos titulados, para que os expertos lles axuden a trazar o seu itinerario laboral e para debater conxuntamente os problemas da profesión. “Trátase, por unha banda, de achegar ao alumnado o máis posible a un entorno real e, pola outra, de establecer sinerxías entre o mundo empresarial e a Universidade, pois hai temas que están máis latentes no ámbito académico, como é o caso das redes sociais, que poden mellorar enormemente as relacións cos medios dos directores de comunicación”, explica. Martí Pellón subliña a importancia de que os directores de comunicación coñezan aos alumnos e alumnas da facultade, as súas inquietudes, o seu desánimo ante as baixas expectativas profesionais e, sobre todo, o esforzo da especialidade de Relacións Públicas por establecer un perfil profesional do comunicador. “Existen problemas obxectivos de comunicación en empresas e en institucións, polo que cómpre darlles a coñecer a existencia de expertos que saben como contactar cos diferentes públicos”, recalca.o resto da noticia no DUVI
DÍA 14
10:00 Inauguración polo Iltmo. Vicerrector do Campus de Pontevedra. Universidade de Vigo.
Jesús Hernández, catedrático de pintura
10:15 Claves da comunicación institucional, organizacional e empresarial na actualidade.
Felipe Vieira, socio-director Ideo Comunicación
11:30 Xestionar as relacións cos medios de comunicación
Pedro Linares, socio-director de Europublic
DÍA 15
10:00 A comunicación sensual no posicionamento.
Elba Pedrosa, Directora de Pedrosa Comunicación
11:30 Tendencias na comunicación social.
Fernando Ojea, director de comunicación de CRTVG
DÍA 16
10:00 A comunicación empeza pola comunicación interna.
Lito Gacía Abad, director de comunicación interna Caixa Galicia
11:30 Comunicación e competitividade.
Tesa Diaz-Faes, socio directora de Mundinova, Consultores de Comunicación
1 comentario:
¡Suerte con la Jornada, Daniel!
Publicar un comentario